Televisión de Galicia porá en marcha a segunda canle en quince días

G2 incorporará gradualmente unha programación infantil, xuvenil e cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Aínda que desde a Televisión de Galicia (TVG) aínda non se ofrece unha data oficial de saída, o director da cadea autonómica, Suso Iglesias, anunciou durante unha entrevista no último número de A Nosa Terra que a segunda canle da televisión pública, G2, porase en marcha oficial en quince días. Ata o momento, G2 só estaba a emitir en probas. Segundo fontes da CRTVG, con posterioridade a esa apertura oficial, a CRTVG ofrecerá información sobre a grella e os contidos da nova cadea, que estará destinada en orixe a programación infantil, xuvenil e cultural.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, CRTVG, A Nosa Terra, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)