A Televisión de Galicia reforzará no 2011 a programación infantil

Está en conversas para aumentar a programación en galego para os máis novos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A día de hoxe a segunda canle da CRTVG ofrece un mínimo de oito horas diarias. Pero, para o propio director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a presenza non é suficiente despois do apagón analóxico. “Temos a preocupación seria de como mellorar a nosa capacidade de resposta diante da abrumadora presenza no televisor de programación infantil, o que é un dos problemas básicos e esenciais á protección e defensa da lingua galega” asegurou Izquierdo no Parlamento. Para iso, a CRTVG está en conversas coa consellaría de Educación e a súa Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter recursos complementarios que permitan incrementar a programación destinada aos pícaros no 2011.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito