Radio 5 amplía a súa programación en Galicia

Incorporará un espazo diario de media hora con información local e autonómica

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A emisora informativa de Radio Nacional de España, Radio 5 Todo Noticias, contará a partir de mañá con novos espazos orientados ao noso país. Así, cada mañá, entre as 9.30 e as 10.00 achegará un programa nas súas delegacións provinciais centrado en aspectos locais e autonómicos. Segundo anuncia a emisora, entrevistas cos alcaldes das sete cidades do país son os primeiros contidos que se poderán escoitar neste espazo. Canda a isto, unha axenda cultural, propostas de ocio e entevistas comporán este programa diario. Ademais haberá un informativo autonómico na franxa de tarde, entre as 19.05 a 19.30, que se suma aos boletíns horarios xa existentes.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación

Claves