¿Que pasarÃa se algún dÃas vas pola rúa e escoitas algo asà como “Mira pa aÃ, que culimaia” ou “meu no tengo un chavo, como no se lo pida a mi plas!”? Se oes algo parecido a isto, non penses que traspasaches a fronteira e cambiaches de paÃs. O que pasa é que estás en Corme ou na Coruña onde se falan dúas linguas urbanas. Son o koruño e o cormelán nadas na rúa e só comprensibles para iniciados. Son as linguaxes contemporáneas.
¿A que lle chamamos linguaxes contemporáneas? Aos sociolectos modernos que se falan en determinadas localidades do paÃs. Malia que cada vila e cidade de Galicia ten as súas propias xergas, hai dúas zonas nas que están máis desenvolvidas, teñen consciencia de seu e chegaron a ter ata o seu propio dicionario. É o caso do cormelá e do koruño, que teñen un grupo moi activo de veciños dispostos a sacarlle punta á lingua.
A Coruña: sitio distinto
¿Que é o koruño? Pois, basicamente, é o que falan algúns dos “koruñeses”. Xente nova de ámbito urbano que fala un idioma que naceu na rúa e medrou nos barrios obreiros da cidade. É o idioma dos “chorbos” e das “jás”, cunhas regras gramaticais básicas (incluÃr un “neno” en toda oración, ben sexa ao principio, no medio ou ao final) ou a incorporación do sufixo –el (exemplo risel), -o ou –eko (gordeko) e que ten conciencia do seu. Tanto é asà que inspirou un programa de radio (“Zapping” en Radio Coruña) e mesmo unha marca de camisetas.
Marcos Vilela, é o promotor de Chukelo.com (chukelo significa can), unha tenda en liña que vende camisetas inspiradas nesta lingua. “Son camisetas que falan como a xente daquÔ asegura Marcos. “O 80% véndense na Coruña porque á xente faille graza, pero tamén teño clientes en Inglaterra, Madrid e en Barcelona”. As camisetas custan desde quince euros e medio (máis tres euros por gastos de envÃo) e hai un vinte e catro modelos entre os que escoller. “A que pon “Buah! neno” foi a primeira que deseñei porque é o tÃpico; pero as que máis gustan son as que poñen o de “achanta” e “te voi dicir una cosa” explica Marcos. Considera que Chukelo e o koruño son dúas realidades indisolublemente unidas de principio a fin. As camisetas pretenden recuperar ese carácter subversivo da cultura das xergas e o ambiente "indecoroso e chulo” que Marcos pensa que ten koruño. A empresa comezou no Nadal e Marcos xa pensa en ampliar o seu negocio. Primeiro coa posibilidade de vender as camisetas nas tendas e segundo buscando novas xergas urbanas noutras cidades. Ten postos os ollos en Madrid e en Cádiz porque alà se fala o "madrÃ" e o "gadita". “Teñen conciencia de xerga, asegura Marcos, e claro, cando a xerga ten nome é porque alà hai algo”.
Marcos é unha caixa de sorpresas e ten previsto facer unha canle de televisión. “Falta por definir como será o formato, pero a súa periodicidade será anual ou quincenal. Os programas durarán 15 minutos e estarán presentados por persoas que fan entrevistas na rúa ou desde aquÃ, desde a miña habitación”. Sobra dicir, que o koruño será o idioma oficial.
O Koruño bebe de diferentes fontes: do galego, do español, do inglés... pero tamén da capacidade creativa de moita xente que acabou por popularizarse e facerse “de uso común”. “Abarrote no parrote” (cheo ata rebentar), “aforar” (pagar), “biclé” (bicicleta), “grillao” (tolo) son algúns dos conceptos dun idioma para o que algún xa reivindicou a súa particular RAK, Real Academia do Koruño.
O cormelá
Desde hai unhas semanas a Asociación de Veciños Eduardo Pondal está a elaborar un “Dicionario Enciclopédico Cormelán”. Un texto que pretende recoller algúns dos termos que se empregan na comarca e que un de fóra non poderÃa comprender. De momento o dicionario conta cunhas setenta entradas entre léxico e frases feitas.
En Corme un "drogheiro" é unha persoa á que lle gustan moito os doces, levar un "fanecazo" é levar unha labazada e un "ghaloi" é unha onda do mar. A peculiaridade deste dicionario é que está aberto ás propostas dos veciños que poden achegar as súas palabras a través do sitio web que ten a Asociación.
A rede: viveiro de iniciativas
O koruño e o cormelán comparten, ademais de ser unha linguaxe xeográfica, que contan na rede cun destacado altofalante das súas iniciativas. No 2004 un grupo de estudantes difundiu a través de internet un “dicionario coruñés-español”. Hoxe, case tres anos depois, a través do buscador google aparecen case seiscentas páxinas de resultados arredor deste sociolecto do que destacan varios dicionarios (que se copian uns aos outros con algunha achega nova). Da rede tamén se servÃu a Asociación de Veciños Eduardo Pondal para ampliar o seu dicionario enciclopédico. A dÃa de hoxe contan con setenta rexistros e teñen na rede dispoñible o documento para posibles actuacións.
Ademais, na rede tamén circulan unha serie de dicionarios de galego para as mensaxes de texto dos móbiles. Iniciativas para facer unha lingua "de uso" máis dúctil e flexible.
Outros lugares, outras linguas
DicÃa Torrente Ballester que o ferrolá era esa forma particular do castelán na que se escribe non se sabe se en serio ou en broma. Está moi vencellado ao léxico da construción e proliferan, sobre todo, expresións como “Que estamos a dicir?”, ou palabras como “FilispÃn” para refererirse á expresión máxima de velocidade. Por outra banda, Lugo é a cidade na que os lucenses dan un paseo polo adarve mentres que o resto dos foráneos o fai pola muralla. En Ourense (grazas aos traballo de XaquÃn Lorenzo en Ourense e aos de Taboada Chivite nas comarcas de VerÃn e da Raia) rifar é sinónimo de berrar e no Ribeiro boa parte do seu léxico está relacionado coa cultura do viño. Por último, en Vigo están as “espais” son as zapatillas deportivas e as luras non son unha clase de cefalópodos senón os tacaños.
Dicionario Enciclopédico Cormelán.¿A que lle chamamos linguaxes contemporáneas? Aos sociolectos modernos que se falan en determinadas localidades do paÃs. Malia que cada vila e cidade de Galicia ten as súas propias xergas, hai dúas zonas nas que están máis desenvolvidas, teñen consciencia de seu e chegaron a ter ata o seu propio dicionario. É o caso do cormelá e do koruño, que teñen un grupo moi activo de veciños dispostos a sacarlle punta á lingua.

Camisetas con lingua
Imaxes das camisetas deseñadas por Marcos Vilela (http://www.chukelo.com)

Documento que contén70 termos e frases feitas que se fala en Corme. Fonte: Asociación de Veciños Eduardo Pondal