A Ala Sur do Museo do Pobo Galego acolle na tarde deste 11 de xaneiro, ás 19 horas, unha xornada de homenaxe a Aurora Pereira Carballo, coñecida como Aurichu Pereira. A pintora, música, deseñadora de moda e activista faleceu en novembro de 2023.
O acto de lembranza contará coa intervención de Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, e continuará coa proxección dun vÃdeo e coa presentación de Xosé Ramón Fandiño, escritor, membro do Padroado do Museo e amigo persoal de Aurichu.
Intervencións da filóloga Chus Nogueira e da historiadora e crÃtica de arte Mercedes Rozas, unha actuación musical de Miro Casabella, e a creación poética de Oriana Méndez e Celso F. SanmartÃn farán parte deste acto.
A estes nomes súmase a guitarra de de Tomás Camacho, unha intervención do polÃtico, economista e intelectual Xosé Manuel Beiras, quen fora parella da homenaxeada, e unha actuación do acordeonista Tomé Mouriño, que fechará o evento. O acto poderá seguirse pola canle de Youtube do Museo.
A coincidir con esta homenaxe, o centro abrirá unha exposición de obras da artista, que combina cadros de diferentes etapas con mostras dos seus deseños de moda, ademais de documentos. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 11 de febreiro.