Falece a pintora Aurichu Pereira

Desenvolvera unha intensa actividade artística desde os anos 60

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Aurichu Pereira. Fonte: Web da artista.

Aurichu Pereira. Fonte: Web da artista.

Este 1 de novembro falecía en Santiago de Compostela aos 83 anos Aurichu Pereira, pintora cunha destacada carreira no noso país. Discípula de Carlos Maside, completou a súa formación en Madrid, e nos anos 60 participou do movemento Estampa Galega e participou en diferentes exposicións colectivas da man de Luís Seoane e Reimundo Patiño.

Desde aquela desenvolveu ademais numerosas mostras individuais en diferentes galerías e salas de exposicións galegas. Ademais do seu labor pictórico realizou tamén proxectos no ámbito do deseño téxtil e de obxectos.

Alén do seu traballo artístico, mantivo unha activa militancia política e cultural e participou na fundación da Asociación O Galo en Compostela. Foi coñecida ademais por ser parella do político Xosé Manuel Beiras, con quen residía na localidade de Brión.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Carlos Maside, Maside, Luís Seoane...