Falece a actriz Pilar Pereira

Era unha das decanas da escena galega, cunha carreira que arrincou nos anos cincuenta

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Pilar Pereira. Fotografía da AAAG

Pilar Pereira. Fotografía da AAAG

Os sectores da escena e do audiovisual galego choran este sete de febreiro o falecemento de Pilar Pereira. A actriz, nada en 1937, desenvolveu unha intensa carreira deste unha idade temperá, participando en multitude de montaxes teatrais así como en series televisivas, producións de cinema e traballos de locución e dobraxe. Nos seus máis de sesenta anos de traballo participou en montaxes teatrais de autores clásicos desde os anos cincuenta, a incluír a versión en galego de Antígona estreada en 1958.

A súa traxectoria levouna a palcos internacionais, con estadías en Madrid, París, Bélxica ou Colombia. Desde os anos 90 retorno a Galicia onde participou en montaxes do Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico ou Teatro do Morcego entre outros. A súa participación televisiva en proxectos como Mareas Vivas, Rías Baixas ou Hospital Central contribuíron á súa popularidade. En 2013 recibiu o Premio de Honra Marisa Soto en recoñecemento ao conxunto do seu labor.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Montaxes, Escena Galega, Clásicos, Cine...