Dorotea Bárcenas recolle o seu MarÃa Casares de Honra en 2006
A pasada noite falecÃa, aos 72 anos de idade, a actriz Dorotea Bárcena. Coñecida polo grande público polas súas participacións televisivas en programas como O show dos Tonechos, onde interpretaba a Amadora, desenvolveu unha intensa carreira tanto teatral como audiovisual, que lle valeu facerse cun premio honorÃfico MarÃa Casares en 2006 e a levou mesmo a dirixir en 1988 o Centro Drmático Galego, entidade coa que participou en diferentes producións. No seu currÃculo atópanse fitos como a súa colaboración na posta en marcha de Esperpento Teatro Xove nos anos setenta, de Teatro da Lúa no 87 ou o seu labor como directora en producións como Follas Novas ou Las bicicletas. Como actriz traballou en proxectos como Martes de Carnaval, co Centro Dramático Nacional, os filmes Divinas palabras, Os mortos van á presa ou Lobos de arga e multitude de montaxes teatrais con tÃtulos como Agasallo de sombras de Vidal Bolaño ou XelmÃrez ou a Gloria de Compostela, de Daniel Cortezón. O tanatorio compostelán de Boisaca acolle ao longo do dÃa de hoxe os seus restos mortais.