Fernando Pereira expón a súa obra na Coruña

A Casa Museo Casares Quiroga acolle ata o día 31 a mostra 'Sinapsis'

20/8/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
32 lecturas | Compartido 0 veces

Obra de Fernando Pereira

Estabilidade, medo e procura son os tres conceptos inspiradores arredor dos que xira a mostra 'Sinapsis' do pintor Fernando Pereira (A Coruña, 1959). O artista expón na Casa Museo Casares Quiroga, na Rúa Panaderas da súa cidade natal, na que estará ata o vindeiro día 31 de agosto. Pereira, fillo do tamén artistas Tomás Pereira, ofrece nesta exposición de corte intimista novas mostras do seu estilo entre a figuración e a abstracción, coas súas características moi persoais de trazo e cor. O pintor ten un longo percorrido artístico de décadas entre outras moitas actividades.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Conceptos
Lugares