A casa museo Casares Quiroga abre unha sala dedicada á actriz María Casares

Dosier: María Casares

Era unha das coruñesas ilustres pero non contaba con ningún espazo propio dedicado a ela. Falamos de María Casares, a actriz afincada en Francia ata o seu pasamento que conta, desde onte, cun espazo espositivo permanente na Coruña na Casa-Museo Casares Quiroga.

Coñece a María Casares nesta fotobiografía e neste video. Ademais, no Album das Mulleres poderás coñecer o seu perfil completo, así como a súa bio, bibliografía e filmografía. Por último, nesta reportaxe poderás ver o proxecto cultural que se desenvolve na casa na que viviu en La Vergne (Poitou-Charentes, Francia).