O Quiosco Alfonso da Coruña acolle a exposición 'María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada'. A mostra retrospectiva realizada sobre a actriz de orixe coruñés supón o acto central do Ano Internacional María Casares, organizado polo Concello para conmemorar o centenario do seu nacemento.
A exposición contén máis de 200 pezas e fotografías que trazan unha cronoloxía da vida da actriz, desde o seu nacemento na Coruña ao seu éxito como actriz no exilio francés, pasando pola súa etapa en Madrid e a súa formación en distintos momentos. A mostra conta tamén con catro traxes orixinais utilizados por María Casares e os libros recuperados da biblioteca persoal de Santiago Casares Quiroga, pai da actriz, doados pola súa familia ao Concello. A mostra, de carácter divulgativo, concíbese como un achegamento integral á figura de María Casares a través de materiais de arquivo persoais e coleccións prestadas por 25 entidades diferentes. Esta exposición é de entrada libre e estará dispoñible ata o 25 de xullo no Quiosco Alfonso. Desde o Concello promóvese un calendario con máis de 20 actividades dinamizadoras, que van desde visitas guiadas teatralizadas á gravación dun podcast sobre a actriz, todas elas celebradas no Quiosco.
Haberá dez visitas guiadas teatralizadas para público xeral e grupos concertados e unha visita guiada pola comisaria da mostra, María Lopo. Serán o 14, 18, 25 e 28 de maio, o 4, 11 e 25 de xuño e o 6, 13 e 20 de xullo. Serán para un máximo de 15 persoas por grupo e comezarán ás 19.00 horas. A figura de María Casares será interpretada pola actriz Sabela Hermida. A visita guiada con María Lopo será o 18 de xuño ás 19.00 horas. Tamén haberá un total de cinco sesións de diálogos teatralizados (26 de maio, 9 e 16 de xuño e 7 e 21 de xullo ás 19.00 horas), que consisten nunha dramatización do club de Teatro Lido da biblioteca da Sagrada Familia. Reproduciranse tres momentos vitais da actriz: a súa infancia, as cartas entre María e Santiago Casares e unha entrevista nos seus últimos anos.
Por outra banda, os días 7 e 8 de xuño ás 19.00 horas está prevista a celebración de lecturas en francés de 'Résidente privilégiée'. Trátase de lecturas públicas desta autobiografía en colaboración coa Alliance Française da Coruña. Os días 5, 12 e 19 de xullo gravarase o podcast 'Autobiografía de María Casares', no que se lerán 10 fragmentos das memorias da actriz por distintas compañeiras de profesión. Por último, celebrarase no Quiosco Alfonso a presentación de tres obras literarias sobre María Casares. A primeira delas será o 19 de maio ás 19.00 horas. Trátase de 'María Casares. A impaciencia por vivir', de María Canosa e Bea Gregores, editado por Bululú. A segunda será o 24 de maio e trátase de 'Despois das ondas', libro asinado por Ernesto Is e editado por Galaxia. A última presentación será a de 'María Casares. Biografía', de Arancha Estévez (Aira Editorial), cuxa data, prevista para xuño, aínda está por anunciar.