As bibliotecas municipais da Coruña acollerán ata o mes de novembro a mostra itinerante 'Eu son de aquí', que resume a vida e obra da actriz de orixe coruñés María Casares, así como outra vintena de actividades que teñen como obxectivo difundir o coñecemento sobre a artista por todos os barrios. O pasado venres inaugurouse esta exposición no Fórum Metropolitano da cidade herculina e contou coa presenza da alcaldesa Inés Rey. Trátase do primeiro dos actos que organiza o Concello dentro do Ano Internacional María Casares, que procura reivindicar a súa figura e as súas orixes no centenario do seu nacemento. Unha páxina web do concello permitirá consultar todo o relativo ao 2022 Ano Internacional de María Casares. Ademais diso, pola parte da Xunta de Galicia o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou o ciclo de conferencias 'María Casares. Do exilio ao escenario', a primeira das propostas da programación especial que o goberno autonómico, en colaboración con distintas entidades nacionais e internacionais, impulsa este ano para conmemorar o centenario da artista.
A exposición inaugurada no Fórum Metropolitano dá conta da traxectoria vital e artística da actriz coruñesa. Apoiada en textos de Sara R. Espiñeira e Alba Guerra, o seu contido xira arredor dos eixes fundamentais da súa carreira: o teatro, a súa condición de muller independente, A Coruña na súa época, a cultura francesa, o existencialismo, a República e o exilio. 'Eu son de aquí' conta con materiais complementarios como unha serie de podcasts nos que se recitan textos de María Casares ou un vídeo no que se amosa A Coruña na época na que se criou a actriz, elaborado pola Biblioteca de Estudos Locais baixo o título 'María Casares na Coruña'. Ademais, a mostra tamén busca a participación activa dos e das usuarias das bibliotecas municipais, que poderán intervir en coloquios e charlas divulgativas. Haberá tamén espazo para o teatro, coa representación 'Querida Vitola' do Club de Teatro Lido da biblioteca da Sagrada Familia, inspirada na correspondencia entre María e Santiago Casares e baseadas no epistolario 'Cartas no exilio', de María Lopo, doutora en Literatura Francesa, ensaísta e tradutora que é tamén a comisaria por parte do concello deste Ano Internacional.
O Ano Internacional Maria Casares do concello da Coruña xorde coa intención de identificar á actriz coa súa Coruña natal, mais tamén co obxectivo de recuperar a memoria do exilio coruñés, situar A Coruña en Francia a través da súa figura, visibilizala como a muller independente que foi e amosar a cultura como un ben común Na liña desta celebración a rede de bibliotecas municipais adquirirá moito protagonismo na programación do ano. As bibliotecas amosarán aos usuarios todo o material bibliográfico e documental do seu catálogo relacionado coa artista, que poderán levar en préstamo se queren coñecer máis en profundidade a figura de María Casares. Ademais, os clubs de lectura da rede sumaranse tamén a todas estas propostas, coa lectura ao longo deste ano dalgúns títulos como: 'Residente Privilexiada', 'O tempo das mareas' ou 'Memoria de cidades sen luz', de Inma López Silva, premio Blanco Amor e que acudirá en calidade de relatora a unha das charlas programadas. Entre os actos que se celebrarán destaca, xa neste mes de febreiro a presentación dunha biografía en banda deseñada que será obxecto da exposición "En tres actos, María Casares", na casa Museo casares Quiroga; en marzo inaugurarase a nova museografía dos materiais sobre a actriz tamén alí e terán lugar as conferencias dramatizadas "Voces para un centenario". En maio e ata xullo o Quiosco Afonso acollerá a mostra "María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada", á que hai que engadir unha ruta urbana, visitas teatralizadas no Teatro Colón, un documental ou un encontro internacional. En próximas datas anunciaranse novos actos a desenvolver durante este 2022.
Ciclo de conferencias
A primeira proposta por parte da Xunta de Galicia para a efeméride do centenario da artista galega terá forma de ciclo de conferencias. 'María Casares. Do exilio ao escenario' desenvolverase desde o 9 de febreiro ata o 22 de novembro no Museo de Belas Artes da Coruña, con entrada de balde ata completar aforamento. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentouno afirmando que permitirá achegar ao gran público moitas das claves do traballo da autora. Contarase con personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron desde a proximidade o traballo da artista. As primeiras conferencias serán o mércores 9 de febreiro. Correrán a cargo da actriz e codirectora da Maison Maria Casares de París Johanna Silberstein coa conferencia 'Nacer española e morrer francesa. Os dominios da Vergne na historia de María Casares', e o arquitecto Felipe Peña, que recibiu o encargo da rehabilitación da casa familiar dos Casares Quiroga na Coruña, coa conferencia 'Panaderas doce'.
O 16 de marzo será a quenda da Anne Plantagenet, autora dunha quincena de libros, novelas, contos, relatos, biografías e unha trintena de traducións do español. O seu último libro, 'L Unique, Maria Casarès', está dedicado á actriz galega e baseado na súa correspondencia amorosa con Albert Camus. Ese día tamén impartirá un relatorio o director teatral Lluís Pascual, un dos fundadores do Teatre Lliure de Barcelona que estivo a cargo da súa dirección durante os anos 1998-2000 e 2011-2018.
Compañeiros de Casares
En abril, o día 27, contarase coa participación da actriz Tina Sáinz que comezou e desenvolveu boa parte da súa carreira profesional no teatro e foi grande amiga de María Casares, coa que interpretou 'El adefesio' de Alberti en Madrid no ano 1976. Ese mesmo día tamén se ofrecerá a conferencia de José Luís Méndez Romeu, que fora concelleiro de Educación e Cultura na Coruña, secretario de Estado de Cooperación Territorial e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta. O 11 de maio as conferencias serán impartidas por Josep María Flotats e Jorge Lavelli. Josep María Flotats é actor e director. Entre 1963 e 1983 residiu en París, onde desenvolveu un intenso labor teatral e ingresou en 1981 na Comédie Française, da que é Societaire desde 1982. Pola súa banda, Jorge Lavelli é director de teatro e de ópera. En 1964 dirixiu por primeira vez a María Casares en 'Divinas palabras' de Valle-Inclán en Bos Aires e partir daquela converteríase no director fetiche da actriz.
As conferencias continuarán en outubro. En concreto, o día 19 será a quenda da comisaria da programación do concello María Lopo. Como especialista na figura de María Casares leva publicado unha decena de artigos nos que se ocupa da súa vida e da súa obra. Ese mesmo día tamén se contará con Pedro Soler, que se iniciou na arte flamenca da man dos andaluces exiliados da súa cidade natal. Ao longo da súa carreira acompañou a María Casares, Carmen Albéniz, Enrique Morente, Miguel Vargas, Carmen Linares e Atahualpa Yupanqui, entre outros. O ciclo rematará o 22 de novembro coas conferencias do dramaturgo Borja Ortiz de Gondra e María Delgado.
Como expresou o representante da Consellería de Cultura, este ciclo de conferencias é de especial interese porque permitirá reflexionar desde o punto de vista académico e tamén persoal na fonda traxectoria de María Casares. Neste sentido, referiuse ás achegas que ofrecerán os relatores en moitos casos amigos e compañeiros da artista cos seus testemuños e experiencias. Esta iniciativa supón o arranque dunha programación extensa e diversificada coa que a Xunta quere "divulgar o legado, promover a reflexión e incentivar a creatividade dos artistas a través dunha figura como María Casares, que deixou unha fonda pegada na nosa cultura", engadiu.
Extensa programación todo o ano
O ciclo de conferencias enmárcase na programación do centenario de María Casares que ofrecerá durante todo o ano actividades tanto en Galicia como fóra, a través de propostas dixitais, editoriais, escénicas e audiovisuais que percorrerán toda a súa pegada histórica desde diferentes plataformas e linguaxes. Xunto á Xunta, a programación conta coa participación de diferentes entidades e institucións de distintos territorios, como a Biblioteca Nacional de España, a Embaixada de España en Francia, o Instituto Cervantes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Edicións Xerais, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), entre outras.
Entre as propostas para os vindeiros meses destacan tamén un proxecto en colaboración coa Embaixada de España en París e o Instituto Cervantes que incluirá unha mesa redonda, unha lectura escénica de fragmentos da actriz e unha mostra no Instituto de Cervantes de Marceau e Quentin Bauchart (Francia). En Madrid, en colaboración coa Biblioteca Nacional de España, haberá un ciclo de conferencias e charlas sobre a autora. En Galicia está prevista, entre outras, a posta en marcha de producións propias, coproducións e colaboracións con entidades galegas, nacionais e internacionais; un ciclo audiovisual na Filmoteca de Galicia e a edición de publicacións especiais, entre outras actividades.