A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés da Coruña sumouse hoxe á conmemoración do centenario do nacemento da actriz MarÃa Casares coa inauguración da exposición "MarÃa Casares: residente privilexiada". Esta mostra trata de reconstruÃr mediante a mostra de 200 libros, fotografÃas, pelÃculas e documentos, a vida da artista, a súa contorna familiar e súa relación co mundo cultural francés ata o seu falecemento, que terÃa lugar na localidade francesa de Alloue. O tÃtulo da exposición fai referencia ao seu status na tarxeta de residencia orixinal emitida por Francia, tÃtulo que foi empregado tamén para publicar as súas memorias no ano 1980.
Dentro da exposición teñen especial relevancia 57 libros pertencentes á biblioteca persoal do seu pai, Santiago Casares Quiroga, polÃtico nado tamén na Coruña, que exerceu como ministro de diferentes carteiras durante a Segunda República. Estes libros forman parte dos 780 tÃtulos e 1136 volumes depositados na biblioteca autonómica González Garcés. Son exemplares que levan a sinatura manuscrita de Casares Quiroga, ou de Esther, filla de Santiago e irmá de MarÃa; libros que recollen obras que foron representadas pola actriz no teatro. A mostra divÃdese en cinco fases tendo en conta os diferentes momentos da súa vida, que van desde 'As orixes (1922-1931)' ata 'Fin da viaxe (Alloue 1996)'. Polo medio conta a través dos documentos a historia do seu exilio e volta a España e Galicia. Ao final do percorrido recóllense os premios e homenaxes que recibiu ao longo da súa traxectoria profesional. Ademais desta exposición o Concello da Coruña ten tamén activas varias homenaxes e exposicións previstas a través da rede de bibliotecas municipais para a conmemoración e a Xunta organiza un ciclo de conferencias ata o verán no Museo de Belas Artes da Cidade.