A Asociación de Actores e Actrices lembra a María Casares en abril

Un roteiro e un coloquio repasarán a vida e a traxectoria da actriz galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Como feche aos premios que levan o seu nome, a Asociación de Actores e Actrices continúa ao longo deste mes de abril coas homenaxes a María Casares. Un coloquio e un roteiro lembrarán esta figura que destacou polo seu traballo no teatro e no cinema francés. A primeira das actividades será o roteiro pola Coruña guiado polo historiador Segundo Grandío, que partirá da Casa Museo Casares Quiroga e que puntos da xeografía local cunha especial significación para a familia de María Casares, tanto da rama do pai Santiago Casares Quiroga como da nai Gloria Pérez Corrales. A iniciativa ten xa as prazas cubertas.

O vindeiro 11 de abril celebrarase un coloquio sobre a figura a actriz no que participarán María Lopo, investigadora e autora da biografía de María Casares O tempo das mareas; a actriz Sabela Hermida, investigadora autora dunha tese de doutoramento da relación da actriz co existencialismo francés, e Ernesto Is, dramaturgo autor do texto dramático Despois das ondas sobre a vida e a obra de Casares.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Cine, Teatro, Xeografía...