A gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares farán un percorrido pola traxectoria da actriz que lles dá nome. Este ano, que se conmemora en toda Galicia e enspecial na Coruña, o centenario de María Casares a gala de entrega dos premios de teatro galego que levan o seu nome non podía deixar de centrarse na efeméride para lembrar axeitadamente á actriz que deu en vida permiso para amadriñalos. O cartel desta edición , creado por Leo Sousa, xa indicaba o protagonismo da actiz neste ano tan especial. O director, actor e dramaturgo Carlos Álvarez-Ossorio dirixirá a gala que se celebrará o xoves 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da cidade herculina, segundo ven de comunicar a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. organizadora dos galardóns.
Segundo a organización o evento achegarase á figura de actriz e trazará sobre o escenario un percorrido pola súa traxectoria vital e artística. Con ese obxectivo, Álvarez-Ossorio contará cun elenco conformado integramente por mulleres que se encargarán de poñerlles voz ás palabras da propia Casares, xa que o espectáculo recollerá fragmentos das súas memorias. Deste xeito, na cerimonia de entrega dos premios de teatro actuarán as actrices Marián Bañobre, Nerea Brey, Sheyla Fariña, Rosa Puga Davila, Marta Pérez e Mónica de Nut. A música ao vivo correrá a cargo de Proxecto X, un conxunto de recoñecidos músicos que son firmes valores da nova xeración de jazz. A formación está integrada pola guitarra de Virxilio da Silva, o baixo de Paco Charlín, a batería de Diogo Silva e a voz da propia De Nut. Por outra banda, Violeta Martínez Rivera encargarase do deseño de iluminación e mais do espazo escénico, Marián Bañobre será a vestiarista e Rubén Porto é o axudante de dirección.Un total de 14 espectáculos competirán en calidade de finalista nas diferentes categorías nas que se dividen os premios e o actor e director Fernando Dacosta lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.
Perfil do director
Carlos Álvarez-Ossorio (Sevilla, 1973) é actor, director, dramaturgo, iluminador e cineasta. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Sevilla, estudou tamén na Escola de Dirección Escénica do Instituto Andaluz de Teatro e formou parte do Centro de Investigación Teatral Territorio Nuevos Tiempos (TNT) de Sevilla. Foi director artístico e técnico da Feria de Teatro de Calle LaTeatral de Sevilla, director técnico do Festival Sevilla Circada e do Festival Express, director convidado no encontro europeo Connaître, produire, jouer le jeune théâtre européen, organizado en Francia polo Centro Europeo para Novos Directores ou director invitado nos Encuentros de Creación Contemporánea en Magalia, organizado pola Red de Teatros Alternativos, En 1996, fundou a Compañía Cámara Negra, da que é director e coa que montou textos de Shakespeare, Chejov, Müller Ibsen ou Viniec. Entre os galardóns que conseguiu, destacan o premio José Luis Alonso de la Asociación de Directores de España (ADE) en 2006 ou o Premio Max 2007 ao mellor autor en galego, ambos os dous pola obra 'A casa do Pai', o Premio Telón Chivas 2004 ao mellor autor veterano por 'Apuntes para un Hamlet' ou o Premio a mellor actor na IX Mostra de Teatre de Barcelona por 'Hamletmaschine'. Neste 2022 é finalista ao Premio Max ao mellor actor pola súa obra 'Si esto es un hombre', adaptación teatral da referencial obra autobiográfica de Primo Levi.