Paula Pier coróase vencedora da I Poetry Slam Galicia

A creadora estrea o seu espectáculo Eu fraude! este 12 de xaneiro no Teatro Rosalía de Castro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Paula Pier en Eu fraude!

Paula Pier en Eu fraude!

A primeira edición da competición de recitado Poetry Slam Galicia conta xa con gañadora. A creadora multidisciplinar Paula Pier impúxose na final deste certame, que se desenvolveu o pasado 28 de decembro na sede da Asociación Ecocultural Lacrar, de Carral. A autora xa quedara na terceira posición no circuíto estatal de Poetry Slam, que celebrou a súa final en Granada o pasado mes de outubro.

Competían con ela nesta final Simón Rodríguez, gañador da Slam de Bóveda, e Inés Mosquera, vencedora do encontro local de Carral. Cada unha das persoas participantes tivo que recitar dous poemas, e o acto contou con Sechu Sende como convidado.

Pier estrea este 12 de xaneiro o seu primeiro espectáculo Eu fraude!. O teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle esta montaxe, que mestura canción poemas e textos de composición orixinal e que se anuncia como "un canto á vida. É unha historia de amor propio en forma de festa" que "nos impulsa, en forma de viaxe emocional e con visión positiva e esperanzadora, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demais".

Chus López ao saxofón, a percusión de Sandra Pérez e María Velasco a cargo da guitarra acompañan a Pier nesta proposta.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Espectáculo, Teatro, Carral...