Noélia Gómez impúxose no Torneo Ferve a Lingua

A gañadora do certame de poesía erótica recitada leva mil euros premio

A Cafetería Castelao, no Concello de Rianxo acolleu este sábado a terceira fase e mais a final do II Torneo Ferve a Lingua, dedicado á poesía erótica recitada. No encontro seleccionouse a Sonia Suárez, da Coruña como terceira finalista na competición, e a seguir celebrouse a grande final. Na mesma competiron con Suárez Carlos da Aira e mais a rianxeira Noelia Gómez, que acabou impóndose no certame. Segundo explica a organización do evento, o público valorou o recitado con seseo e gheada de Gómez e mais ambientación rianxeira dos seus textos. A gañadora foi galardoada con mil euros, e os finalistas levaron un lote de libros de poesía e de vocabulario erótico e amatorio.