Nova Galega de Danza leva Son a escena

O Teatro Rosalía de Castro acolle a estrea do espectáculo este venres 27

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Nova Galega de Danza leva Son a escena

Un decena de pezas que mesturan danza tradicicional galega e española, flamenco e baile contemporáneo interpretadas por un grupo de homes. Esta é a proposta de Son, o espectáculo que Nova Galega de Danza estrea este venres 27 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez corren coa dirección artística, actúan como bailaríns principais e desenvolven a coreografía do espectáculo, labor este último con que contaron como convidado con Carmelo Segura para a parte de baile contemporáneo. O espectáculo chega á Coruña despois da súa preestrea o pasado mes de febreiro no Teatro Colsubsidio de Bogotá, en Colombia.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Bailar con Gharbo!

Presentamos o primeiro vídeo do espectáculo que coproduciu o Centro Coreográfico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Danza, Teatro, Nova Galega de Danza...