Bailar con Gharbo!

Presentamos o primeiro vídeo do espectáculo que coproduciu o Centro Coreográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Os vindeiros 10 e 11 de maio o Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle a estrea da que será a única coprodución do Centro Coreográfico Galego para esta temporada. Gharbo! é un espectáculo realizado pola compañía Contra2 que contou coa colaboración técnica do Centro, que tamén achegou elementos de atrezzo e vestiario, así como asesoramento. O espectáculo parte de elementos da danza tradicional fusionándoos outras disciplinas como a danza moderna ou mesmo o flamento. Iván Villar é o director artístico e comparte escenario con Pastor Rodríguez mentres Nelson Quinteiro corre coa dirección musical e participa tamén nas táboas. Mentres non chega a estrea, achegámosche unha mostra do espectáculo neste vídeo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Danza, Rosalía de Castro, Teatro...