O Centro Coreográfico e Contra2 presentan Gharbo!

O Teatro Rosalía de Castro acollerá a estrea os vindeiros 10 e 11 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Cartel de Gharbo!

Cartel de Gharbo!

Gharbo! é o título da única coprodución que abordaro este ano o Centro Coreográfico Galego. Desta volta o proxecto desenvólvese en colaboración coa compañía Contra2, e presenta un traballo inspirado na tradición galega achegando elementos de flamenco e da danza moderna. O proxecto está dirixido por Iván Villar con dirección musical de Nelson Quinteiro. Para alén deles, que tamén interveñen nas coreografías, no escenario estará tamén Pastor Rodríguez e unha formación de catro músicos que con guitarra, zanfoña, acordeón, pedais e percusións interpretarán xotas, muiñeiras ou tangos.

A estrea do espectáculo está prevista para o vindeiro 10 de maio no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Bailar con Gharbo!

Presentamos o primeiro vídeo do espectáculo que coproduciu o Centro Coreográfico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Teatro, Teatro Rosalía de Castro, Danza...