Nelson Quinteiro debuta con Orquesta Gharbo!

O álbum preséntase oficialmente o vindeiro 7 de febreiro na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Nelson Quinteiro debuta con Orquesta Gharbo!

A partir do seu traballo no espectáculo Gharbo! e noutros proxectos musicais, Nelson Quinteiro lanza o seu primeiro disco. Orquesta Gharbo! chega da man de Inquedanzas sonoras con nove temas nos que se atopa unha mestura de "tangos, muñeiras e pasodobles con alalás e con jotas", segundo explica a discográfica, sen esquecer toques pop e mesmo bravú. Reinterpretacións coloridas da tradición que contan con colaboracións a cargo de Pulpiño Viascón, Silvia Penide, Diego Ameixeiras, Alex Lorenzo e o coro de homes "Os estalotes". A presentación oficial deste traballo será no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 7 de febreiro. O álbum, que se financiou parcialmente mediante unha campaña de crowdfunding foi gravado nos estudios da Fundación Autor SGAE de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Bailar con Gharbo!

Presentamos o primeiro vídeo do espectáculo que coproduciu o Centro Coreográfico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diego Ameixeiras, Silvia Penide, Espectáculo, Teatro...