Unha competida final coroa a Lupe Blanco nos Premios Galegos da Regueifa

É a terceira ocasión na que a improvisadora de Coristanco se fai co galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Lupe Blanco recolle o galardón. Fotografía de Ana García. Fonte: La Voz de Galicia

Lupe Blanco recolle o galardón. Fotografía de Ana García. Fonte: La Voz de Galicia

A improvisadora Lupe Blanco impúxose nos V Premios Galegos de Regueifa, que celebraron a súa gala este sábado 10 de xaneiro en Carballo. O público encargouse cos seus votos de coroar esta creadora entre as tres propostas finalistas seleccionadas polo xurado. Á final chegaron, canda á Blanco, Suso de Xornes, gañador da anterior edición, e Xairo de Herbón, unha selección que o xurado recoñeceu foi moi difícil ante o grande nivel da participación.

A coristanquesa impúxose entre catorce improvisadores e improvisadoras de todo o país e conseguiu así a súa terceira vitoria neste certame. Séguea no palmarés un dos finalistas, Suso de Xornes, que recibiu o galardón nas outras dúas edicións celebradas. O xurado estivo composto por Manolo Maseda, Olalla Liñares, Xosé María Varela, Domingo Blanco e Ana Casais, que tiveron en conta cuestións como a axilidade, a retranca, a métrica e a rima, o uso da lingua ou a musicalidade nas improvisacións que se presentaron no Pazo da Cultura de Carballo. Na gala outorgóuselle ademais o galardón Valedor da Regueifa a Ramón Pinheiro, director de aCentral Folque e investigador da improvisación oral no noso país.

Que che parece esta nova?
286 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lupe Blanco, Suso de Xornes, Xairo de Herbón, Retranca...