A primeira edición dos Premios Galegos da Regueifa, EspallaRimas en Carballo, premiou a actuación de Lupe Blanco, coroando a esta muller de Coristanco, bisneta do regueifeiro Blanco de MuÃño de Seco, na máxima categorÃa deste novo certame impulsado desde o xornal La Voz de Galicia co apoio do Grupo Calvo, Xunta de Galicia e Concello de Carballo. O evento competitivo reuniu na vila bergantiñá a moitos dos intérpretes deste xénero da cultura oral do paÃs. Alà reunÃronse a propia Lupe Blanco, xunto con Séchu Sende, Suso de Xornes, Antonio de Xornes e Kike Estévez, que competiron na mesma categorÃa, RegueiAstros. No apartado RegueiNovos dos premios participaron persoas de idades variadas pero co común de terse iniciado recentemente nesta arte tradicional. Ignacio Lema Pazos resultou vencedor competido con Óscar GarcÃa Pombo, Daniel Vilas, O Chaminho; Fernando Mato Vilariño, Carmen MarÃa Taibo e Cristian Gómez Mesa. O certame incluÃu tamén un recoñecemento honorÃfico, o premio Valedor ou Valedora da Regueifa, dirixido a persoas que leven moitos anos de traballo dedicados a esta improvisación oral. O primeiro en recibilo foi Carlos Alonso Pereiro, presidente da Asociación Oral de Galicia.