O histórico xornalista radiofónico Luís Rial falecía este 7 de xaneiro en Santiago de Compostela aos 81 anos de idade. Rial era un dos nomes máis coñecidos da radiodifusión galega, con programas como Pensando en ti, na Radio Galega ou Estamos Contigo, de Radio Obradoiro, que se converteron en auténticos fenómenos sociais, a congregar milleiros de persoas cada madrugada.
Considerado o xornalista radiofónico en activo de máis idade, ao longo dos seus 60 anos de carreira pasou por emisoras como a SER, Radio Cadea Española ou Radio Nacional de España. Fíxose especialmente coñecido con programas dedicados á comunidade emigrada e liderou durante anos a franxa horaria da madrugada cos seus espazos. O seu traballo valeulle recoñecementos como o Premio de Xornalismo, a Medalla de Bronce de Galicia ou o Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.
O velorio do locutor está instalado no Complexo Funerario Apóstolo Santiago en Boisaca (Santiago). Ás 19h celebrarase unha misa na súa honra neste mesmo lugar e o funeral desenvolverase o marte 9 ás 18h na Igrexa de San Agustín.