Un dos nomes máis senlleiros das letras do país, a poeta, narradora e dramaturga Xohana Torres, falecía onte en Vigo aos 85 anos de idade. Torres, nada en Compostela en 1931, iniciouse desde moi nova na escrita e foi unha das pioneiras en reclamar as voces femininas das nosas letras. Desde a publicación de Do sulco en 1957 creou poemarios senlleiros como Tempo de Ría, Elexías a Lola ou a novela Adiós, María. En 2011 ingresou na Real Académica Galega co discurso Eu tamén navegar. En paralelo ao seu labor literario desenvolveu unha importante carreira na radio, con fitos como o programa Teresa, que comezou a se emitir en Radio Ferrol en 1956, ou o primeiro espazo cultural de radio en galego, Raíz e Tempo, que botou a andar en Vigo en 1963.
A capela ardente da autora abriu hoxe, 13 de setembro, ás 10 da mañá, no Tanatorio Vigo Memorial, onde se realizará a incineración ás 21:30 horas.
A capela ardente da autora abriu hoxe, 13 de setembro, ás 10 da mañá, no Tanatorio Vigo Memorial, onde se realizará a incineración ás 21:30 horas.