A RAG oficializa a proposta de Ana Romaní como académica

Ocupará a vacante da cadeira de Xohana Torres

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Pleno da Real Academia Galega fixo oficial a proposta da xornalista Ana Romaní para ocupar a vacante da cadeira de Xohana Torres, finada o pasado setembro. Aínda que a candidatura terá que ser sometida a votación no vindeiro Pleno ordinario, a candidatura de Romaní é a única, co cal está garantida a súa entrada como académica da RAG. Ana Romaní é a directora do Diario cultural da Radio Galega desde o ano 1990. Tamén ten unha destacada actividade como creadora literaria, especialmente no ámbito da poesía.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana Romaní, Xohana Torres, Poesía, Real Academia Galega...