O pleno que a Real Academia Galega celebrou este sábado 9 de xullo acordou nomear a MarÃa López Sández como novo membro de número da entidade. Sández, nada en Lugo en 1973, ocupará a vacante producida polo pasamento de DarÃo Xohán Cabana. Profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática en excedencia do ensino secundario, a nova académica desenvolve un importante labor de investigación das nosas letras ademais de cultivar a creación literaria.
López Sández recibiu en 2007 o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio e en 2012 o Premio Repsol de Narrativa Breve por A forma das nubes. A RAG destaca que a súa traxectoria "demostra un firme compromiso coa lingua e a cultura galegas dende unha perspectiva rigorosa e multidisciplinar".
Ademais sinala que o ensaio que lle valeu o Premio Ramón Piñeiro supón "unha obra de referencia na relación da literatura galega co territorio" e salienta a participación desta filóloga en "proxectos que indagaron na relación entre lugares da xeografÃa galega e a literatura a través das humanidades dixitais", como foi a iniciativa compostelaxeoliteraria.org.
Tamén apunta nos seus méritos o "herbario literario NasÃn cando as prantas nasen, un achegamento botánico á obra rosaliana asinado xunto a MarÃa Isabel Fraga Vila e Miguel Fraga Vila". Ademais, asinou canda a Marilar Aleixandre a obra O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán e, no campo da sociolingüÃstica, colaborou co Seminario de SociolingüÃstica da Real Academia Galega en proxectos como a obra Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames, que se presentou recentemente.
No campo da creación é tamén autora de O faro escuro (2015), finalista do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, A Noite Deusa (2020), finalista do Premio RaÃña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; e llados. Diario da pandemia (2020).