Remata o ano 2023 e realizamos un pequeno voo sobre un ano no que se apreciaron tendencias destacables, como a boa saúde da creación audiovisual, o auxe da música tradicional, a gran batería de premios nacionais recibidos ou as conmemoracións, que destacaron o poder da herdanza e dos fitos do pasado.
De Matria ao Corno pasando por Samsara
O audiovisual galego continúa a colleitar trunfos no exterior. O filme O corno, rodado en galego por Jaione Camborda, gañou a Cuncha de ouro no prestixioso Festival de Cine de San Sebastián, sendo o primeiro filme do país en facelo. Pola súa banda, Matria, de Álvaro Gago, conciliou o éxito de crítica cos premios. Está nestes momentos como finalista aos Goya como mellor dirección novel e María Vázquez como actriz protagonista. Janet Novás, do reparto de O corno participa tamén como finalista a mellor actriz revelación. E Lois Patiño tamén protagonizou outro momento importante na Berlinale, onde o seu filme documental Samsara acadou o premio especial do xurado da sección Encounters.
Recoñecementos ao final da A-6
Os diferentes Premios Nacionais convocados polo Estado tiveron este ano un especial sabor galego. O vigués Eduardo Soutullo recibiu o Premio Nacional de Música e o arqueólogo Felipe Criado Boado o de Investigación en Humanidades. Paula Carballeira obtivo o de Literatura Dramática e Yolanda Castaño o de Poesía. As distincións non ficaron só nos premios nacionais. César Portela obtivo a medalla de ouro da arquitectura estatal e Brais Lamela o premio Ojo crítico de narrativa.
Pandeiretas que tocan e deixan de tocar
Nun momento de especial éxito das pandeireteiras, neste ano vivimos como un dos grupos icónicos e pioneiros de levar o instrumento e estes cantos femininos aos escenarios, Leilía, pechaba tras trinta anos de actividade. E o ano pechaba co apoteósico concerto de fin de xira das Tanxugueiras no Coliseo da Coruña, unha das actuacións en lingua galega máis multitudinaria que se lembran nesta importante sala de concertos.
40 anos: unha cifra central
O Consello da Cultura Galega celebrou neste ano 2023 os primeiros corenta anos da institución, reflexionando sobre o papel da cultura e das súas institucións na construción da Galicia contemporánea e no noso contorno. A través dun programa que combinaba foros de reflexión con actividades musicais, as temáticas abordadas artelláronse ao redor da idea de "pensar o mundo desde Galicia" e reflexionaron ao redor da autonomía, o patrimonio, a economía, os feminismos, a lingua galega, a democracia, o humanismo ou a desinformación.
Unha lei para un panteón
Tras unha gran demanda social e cultural, o Parlamento aprobou co consenso de todas as forzas políticas a Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, recoñecendo este monumento como un elemento central da identidade galega. A lei, que xa entrou en activo, articula unha fórmula legal, a fundación pública autonómica, como futuro instrumento de xestión deste monumento.
A celebración do activismo
O Día das Letras Galegas veu marcado polas numerosas homenaxes a Francisco Fernández del Riego, o destacado activista vigués. A celebración permitiu reflexionar sobre o papel do activismo na transmisión xeneracional da cultura galega ao longo do século XX e pensar como se configurou a nosa identidade ao longo de tan convulso século.
Un complexo xogo
En setembro viviuse unha inusual situación no sector cultural: as acusacións verquidas sobre Francisco Castro, director da editorial Galaxia, derivaron na súa dimisión e a incorporación dun vello coñecedor da casa, o presidente da Fundación Penzol, Xosé Soutullo, como novo executivo á fronte da histórica empresa cultural. O debate puxo en cuestión a profesionalidade dos ector editorial, o voluntarismo que acompaña o mesmo pero tamén deu lugar a un inusitado trebón nas redes sociais, pouco habitual na cultura galega en relación a profesionais do sector.
Ollar de novo o Seminario de Estudos Galegos
O foco posto no Seminario de Estudos Galegos revelou a grande parte da sociedade o carácter avanzado do galeguismo de preguerra, ademais de reivindicar nomes ata o de agora pouco coñecidos daquel tempo. Ao tempo, a conmemoración do centenario desta institución amosou unha perspectiva na que o literario compartía peso con diferentes disciplinas científicas á hora de abordar a construción do país.
Oficialidade no congreso
A oficialidade da Lingua Galega no Congreso marcou un fito ineludible para a cultura galega en 2023. Un novo paso no recoñecemento dos dereitos lingüísticos que deixa aínda pendente un avance homólogo na Unión Europea
Benvido, Carlos Oroza
A integración de Carlos Oroza na axenda cultural galega foi sen dúbida unha das novidades que deixou 2023. Para alén da grande exposición sobre a súa figura no Museo do Mar, as actividades arredor do poeta no espazo Évame están a reivindicalo como unha figura a integrar na nosa cultura.
O consumo recupérase
A Conxuntura Estatística do Observatorio da Cultura publicada en decembro amosa unha recuperación sometida a posibles cambios de consumo. Segundo o documento, a economía da cultura está a mellorar en termos de emprego, creación de empresas e oferta cultural, co crecemento dos orzamentos públicos destinados a cultura como motor, mentres que a demanda, asistencia a espectáculos e o gasto por fogar semella que está "moi lonxe de recuperarse".