A Xunta licita actuacións de urxencia na muralla de Lugo

Investirá máis de 470.000 euros en restaurar un cubo e un lenzo deste monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

De cara a remediar o deterioro que están a sufrir o cubo XVIII e lenzo interior LXXI da Muralla, a Xunta de Galicia sacaba a licitación este 21 de decembro as obras de restauración destes elementos. Cun orzamento máximo de 471.643,77, os traballos deberán remediar as filtracións de augas e as fisuras que afectan a estes tramos do monumento e que supoñen un perigo para a súa estabilidade.

O impacto da auga nestes espazos aparece como o principal problema para estas partes do conxunto. Ademais, no caso do cubo, sinálase o mal estado das vigas e puntais madeira que fechan un van e falta de morteiro nas xuntas.

No caso do lenzo, saliéntase unha importante filtración da auga que escoa pola superficie do mesmo, ao estar nunha pendente. Ademais, o estudo realizado apunta deformacións do muro e fisuras. O informe considera que unha acción rápida é necesaria para evitar novos danos ou desprendementos que poidan afectar a outras partes do monumento.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muralla de Lugo, Xunta de Galicia

Claves

Entidades