A Muralla de Lugo celebra 15 anos como Patrimonio da Humanidade

O monumento conta desde onte cun ascenso para facilitar o acceso

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Muralla de Lugo celebra 15 anos como Patrimonio da Humanidade

Hai xa quince anos que a UNESCO declaraba a Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Para o conmemorar, a cidade está a acoller ao longo da semana diferentes actos, como foi a solta de farois voadores o pasado domingo desde o adarve ou a realización dunha tortilla e dunha tarta xigantes, un concurso de fotografía temático ou a creación de menús especiais en diferentes restaurantes da cidade. Ademais, este luns inaugurábase un ascensor que facilita o acceso ao monumento e que se instalou da man da Consellaría de Cultura. Este mesmo departamento anuncia demais novos traballos de restauración do lenzo interior do cubo VI e adianta que está a se traballar no deseño e novos paneis divulgativos para o monumento.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Muralla de Lugo, Fotografía, UNESCO