Un investimento de 919.000 euros recuperará dúas carpintarías de ribeira en Moaña

Deputación de Pontevedra e Concello financiarán o proxecto para os estaleiros de Casqueiro e Carlagho

20/12/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Recreación do futuro paseo dirante das carpintarías de ribeira de Moaña. Fonte: MITECO

As carpintarías de ribeira de Casqueiro, que ardera en 2017, e mais de Carlagho, no Concello de Moaña, serán obxecto dunha rehabilitación integral. A Deputación de Pontevedra e o Concello asinaban este martes 19 de decembro o acordo polo que investirán 919.000 euros para recuperar estes bens catalogados e que fan parte do Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial da carpintaría de ribeira.

O proxecto inclúe recuar as fachadas destas instalacións, que ata o momento interferían co trazado do paseo marítimo existente na zona da praia da Xunqueira, co obxectivo de facilitar o tránsito. Canda a isto abordarase "a posta en valor das ramplas-varadoiro, a reconstrución da carpintería de ribeira de Casqueiro, volvendo recuperar a súa estrutura de madeira; e a conservación e mellora da fachada e estrutura da carpintería de ribeira de Carlagho", segundo explica a Deputación. As obras prevén un futuro uso cultural e museístico dos antigos estaleiros.

O acordo que se asinou este martes 19 de decembro prevé que a institución provincial achegue 690.000 euros a este proxecto, mentres o concello correrá cos 230.000 restantes.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moaña, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, Ben de Interese Cultural...