As técnicas construtivas da carpintarÃa de ribeira serán ben de interese cultural logo de que o Diario Oficial de Galicia publique hoxe a orde pola que se incoa o procedemento de declaración das mesmas como patrimonio inmaterial. A posta en marcha deste proceso, que se deberá resolver nun máximo de 24 meses, implica a inscrición preventiva deste elemento da nosa cultural como BIC. A medida, que recoñece o traballo da Federación Galega para a Cultura MarÃtima e Fluvial e mais o da Asociación Galega de CarpintarÃas de Ribeira, protexe técnicas de construción tradicional de embarcacións de madeira, como son o gálibo ou medio casco, a montea, o corrixido, os cortamóns, o fasquiado ou o calafateo, para embarcacións de fondo plano ou con quilla. Nestas últimas recóllese a existencia das técnicas de construción en calime ou a partir do forro, e de construción a tope, rixideira ou por vágaras.
A orde recolle unha serie de medidas especÃficas para salvagardar este patrimonio, como é a creación dun "órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintarÃa de ribeira" no que estarán presentes os propios artesáns e transmisores destes coñecementos e representantes das asociacións en defensa do patrimonio marÃtimo. Canda a eles, crearase un Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, unha vella arela dos colectivos dedicados a estes bens. Tamén se incluirán no Censo do Patrimonio Cultural todos aqueles bens mobles e inmobles vencellados a esta actividade, haberá divulgación destes coñecementos a través das plataformas dixitais da Xunta e promoverase a investigación e recollida doutras manifestacións inmateriais relacionadas coa carpintarÃa de ribeira.