Un lume intencionado queima o estaleiro do Casqueiro en Moaña

Diferentes colectivos reivindicaban o valor patrimonial deste espazo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Asemblea da Federación pola Cultura Marítima no interior do estaleiro do Casqueiro. Fonte: FGCMF

Asemblea da Federación pola Cultura Marítima no interior do estaleiro do Casqueiro. Fonte: FGCMF

Só un día despois da incoación do expediente para declarar ben de interese cultural a carpintaría de ribeira, un lume en apariencia intencionado destruiu o estaleiro de Casqueiro, en Moaña. O edificio, do que unicamente quedaron en pé as paredes exteriores, era un dos escasos exemplos de estaleiros tradicionais aínda activos no país e como tal fora xa obxecto dun expediente para os incluír, canda os veciños estaleiros de Calragho, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia. Do mesmo xeito, diferentes colectivos como a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial levan anos a reivindicar a súa importancia. A nivel local, o estaleiros eran obxecto dunha importante confrontación entre os partidarios de construír un paseo marítimo que obrigaría ao seu derrubamento, cando menos parcial, e os valedores da conservación. Nos últimos anos, o espazo foi escenario de diferentes eventos culturais como unha reivindicación da súa importancia cultural. Logo do incendio, este domingo desenvolveuse na vila unha manifestación de repulsa por este atentado contra o patrimonio.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moaña, Cultura Marítima e Fluvial, Ben de Interese Cultural