A Xunta renuncia a construír a Goleta de San Cibrao

O proxecto pretendía potenciar a carpintaría de Ribeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O polémico proxecto de construír unha goleta empregando técnicas tradicionais nunha carpintaría de ribeira de San Cibrao queda adiado. O responsable de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, anunciaba que a iniciativa quedaba adiada "uns anos" porque "non é momento para tal investimento". O proxecto contaba cun orzamento de 1,8 millóns de euros e a súa licitación fora reclamada por estaleiros foráneos por irregularidades na convocatoria. Para alén, tanto medios de comunicación como colectivos en defensa do patrimonio marítimo criticaron a concentración de recursos nesta iniciativa. Álvarez-Campana anunciou que se desenvolverán iniciativas de menos custo para apoiar a carpintaría de ribeira, entre as que se barallan a construción con fondos públicos dun buque de menos tamaño na Mariña e doutro na Ría de Arousa.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Patrimonio marítimo

Portos de Galicia cancela a construción de tres lanchas tradicionais por irregularidades na contratación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Ría de Arousa