A carpintaría de ribeira Ciprián acollerá un museo sobre este oficio en Outes

O Concello e o GALP Costa Sostible financian esta actuación con medio millón de euros

3/2/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
38 lecturas | Compartido 0 veces

Estaleiro Ciprián en Oute. Fonte: GALP Costa Sostible

A antiga carpintaría de ribeira Ciprián, situada en Tabilo, Outes, rehabilitarase para acoller un museo dedicado a este oficio. O Concello de Outes anunciou a posta en marcha do proxecto para facer deste edificio "un centro de interpretación e museístico que poña en valor a carpintería de ribeira para un uso cultural e educacional". Para isto conta coa colaboración económica do Grupo de Acción Local e Pesqueira Costa Sostible, que achegará un 55 por cento do medio millón de euros que suma o orzamento do proxecto.

A rehabilitación prevé recuperar a totalidade das construcións que conforman este estaleiro tradicional, ademais de amañar a súa rampla de acceso ao mar e crear un posto de información sobre o conxunto. O futuro museo acollerá catro salas, unha de recepción na que se abordará a importancia desa carpintaría de ribeira en Outes, outra polivalente, dotada de elementos multimedia, unha de exposición permanente coas ferramentas do oficio e unha última dedicada ao motor da marca Ayón.

As técnicas construtivas da carpintaría de ribeira contan coa declaración de Ben de Interese Cultural de carácter inmaterial por parte da Xunta desde 2017.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Outes, Ben de Interese Cultural

Claves

Lugares