Abre en Outes a musealización do Estaleiro de Ciprián

O proxecto combinará uso turístico, divulgación e construción naval

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Imaxe da rehabilitación do Estaleiro do Ciprián. Fonte: Concello de Outes

Imaxe da rehabilitación do Estaleiro do Ciprián. Fonte: Concello de Outes

O Concello de Outes inaugura este sábado 4 de febreiro a musealización da Estaleiro de Ciprián. Esta carpintaría de ribeira instalada na enseada de Broña acolle agora un espazo de información turística, un almacén e unha exposición permanente sobre este oficio. O proxecto de rehabilitación e adaptación foi financiado polo Grupo de Acción Local e Pesqueira Costa Sostible e o propio concello, cun investimento total de 550.000 euros.

Os arquitectos Iago Fernández e Óscar Fuertes encargáronse dun deseño que reutilizou pezas orixinais do conxunto como as cerchas da cuberta ou as táboas do cerramento do obradoiro. Para alén de rehabilitar a nave principal e as ramplas de acceso, as obras incluíron a habilitación de novos espazos no recinto.

Está previsto que o Estaleiro abra durante as fins de semana e para visitas concertadas ao longo do ano e a diario na temporada de verán. Para alén do seu uso turístico, o Concello prevé que as instalación manteñan tamén o seu uso tradicional e se empreguen para a fabricación de novos barcos.

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Outes, Obradoiro

Claves

Lugares