Portos de Galicia construirá unha goleta con métodos tradicionais

A entidade quere apoiar así a carpintaría de Ribeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un estaleiro da Mariña consturirá unha goleta de dous mastros, semellante ás que surcaban as nosas costas hai perto de cen anos, con métodos tradicionais. Este proxecto inicia o programa co que a entidade Portos de Galicia quere apoiar a carpintaría de ribeira. Os traballos de construción durarán preto de dous anos e está previsto realizar visitas guiadas ao estaleiro durante o proceso para dar a coñecer as técnicas de traballo neste campo. Portos de Galicia asegura que no futuro desenvolverá novas medidas neste campo en coordinación coa Asociación de Carpintaría de Ribeira.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Patrimonio marítimo

Portos de Galicia cancela a construción de tres lanchas tradicionais por irregularidades na contratación

Universos

Claves