Dosier: Patrimonio marítimo

Portos de Galicia cancela a construción de tres lanchas tradicionais por irregularidades na contratación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Portos de Galicia suspendeu a encarga de tres lanchas coa que quería apoiar o sector da carpintaría de ribeira galega. Segundo publica hoxe El País, o actual director da entidade, José Durán, suspendeu o proceso enteiro ante as irregularidades na adxudicación do primeiro dos barcos, iniciada polo seu antecesor no posto. Polo momento non se anunciaron medidas alternativas a prol dos construtores de embarcacións tradicionais. A encarga de tres lanchas xurdira como alternativa ao proxecto dunha goleta, que xa fora recurrido por irregularidades. Coñece máis sobre a recuperación do patrimonio marítimo galego no noso dosier.

Reportaxe sobre vinte anos de traballo polo patrimonio marítimo:
Dúas décadas a recuperar o mar

Reportaxe sobre as carpintarías de ribeira que se conservan no país:
O tesouro das casas dos barcos

A situación dos carpinteiros de ribeira nesta reportaxe con video:
I+D nas carpintarías de ribeira

A recuperación de embarcacións tradicionais, nesta reportaxe:
Patrimonio ao arbitrio das marés

A recuperación de embarcacións tradicionais da asociacion Barcas do Minho:
Ríos que eran camiños

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El País, Culturagalega

Claves