Ata o momento en Galicia as actividades de recuperación de embarcacións tradicionais e antigas están vencelladas a colectivos de amantes do mar. Con esforzo e ilusión, son moitas as persoas levan ás rías de volta pequenos barcos recuperados. No entanto, restaurar barcos pode ter tamén a súa rendibilidade económica. As experiencias de Vapores del Atlántico co vapor hidria e de Acquavisión co veleiro Nauja e a goleta Nieves amosan como se pode unir cultura e negocio sobre as ondas.
Acquavisión é unha xa veterana empresa do Grove que leva anos a desenvolver actividades turísticas e de educación ambiental con diferentes embarcacións, entre elas, modelos con casco transparente que permiten observar directamente o fondo do mar. Na actualidade, esta emprega inclúa na súa oferta dous barcos restaurados. En concreto trátase do veleiro Nauja, construído orixinalmente en 1930 en Dinamarca, e mais da goleta Nieves, botada en Noia en 1918 e recuperada recentemente. Desde a empresa Alfredo Fernández recoñece que a espectacularidade deste navíos é un valor engadido ás actividades que desenvolven con eles. En moitos casos barco é o máis rechamante, a xente pregunta constantemente por el, como se conseguiu e de que xeito se recuperou.
Os traballos do Nieves
Nos últimos meses, a goleta Nieves fíxose coñecida por ser a base da exposición Áreas mariñas protexidas, organizada polas consellarías de Pesca e de Medio Ambiente. Tamén achegou a diferentes portos da provincia da Coruña a mostra Xente, mar e vento, organizada pola correspondente Deputación. Neste verán, a Nieves está a percorrer a costa galega traballando a dúas bandas. Durante o día oferta obradoiros, conferencias e proxeccións sobre a cultura e o ecosistema dos mares. Pola noite, o espazo aproveita o seu aforo aproximado de 300 persoas para servir como terraza nos peiraos de todo o país e acoller actuacións en vivo. Ao tempo, os visitantes poden observar unha mostra de pintores galegos organizada pola propia empresa. Pola súa banda, o Nauja está na actualidade desenvolvendo itinerarios turísticos pola Ría de Arousa. Segundo aseguran desde Acquavisión, a acollida está a ser moi boa, tanto pola banda do público como por parte dos concellos que visitamos.
O futuro
De cara ao futuro inmediato, o Nieves ten pendente aínda novos traballos de restauración. Un barco é coma un ser vivo, está en permanente transformación, e un proxecto de restauración é a longo prazo, sempre se pode embelecer ou mellorar algo, explica Alfredo Fernández. Cando menos, os traballos máis urxentes estarán rematados este mesmo ano. De cara a 2008 están xa previstas dúas novas mostras que ir levando de porto en porto. Será en primavera e en outono, e seguiremos traballando tamén en proxectos coa mocidade e de educación ambiental, completa.
Vapores
Pola súa banda, Vapores de las Rías é unha empresa que naceu a propósito para recuperar unha embarcación, o Hidria II. Vapores xurdiu porque en 1997 vimos a posibilidade de mercar este barco, que entraba para o despece lembra Sesé Otero, responsable desta firma. A aposta que esta emprendedora fixo co carpinteiro de ribeira Jacobo Fernández quería recuperar esta nave de 1963, que ata comezos dos anos noventa actuaba como buque achegando aos transatlánticos auga mineral nos seus depósitos. Nós queriamos transformalo nun veleiro, pero cando vimos que tiña a caldeira e a máquina de vapor de comezos de século truncóusenos o proxecto. Se che gusta restaurar o patrimonio non es capaz de lle tirar a máquina a un barco así, lembra Otero. Empeñando os seus aforros e patrimonio persoal, comezaron un logo proceso de recuperación. Mudar o motor, instalar sistemas de seguridade, arranxar o casco, a cuberta... a lista de tarefas, como se pode supor pola duración do proceso, foi moi longa. Dúas axudas da Consellaría de Pesca nos anos 2000 e 2003 permitiron enfrontar obras de certa envergadura e iniciar a actividade co Hidria en 2005.
Os traballos do Hidria
Ao comezo estaba como buque museo, pero iso só permitía levar 12 persoas a bordo. Agora está como buque de pasaxeiros, e ten capacidade para 120 persoas, completa Otero. En 2006 o barco acadou unha certa fama ao acoller a mostra Os mártires do mar que visitou diferentes portos galegos dentro das actividades do Ano da memoria. Concertos, conferencias, proxeccións e diferentes actividades transcorreron a bordo no marco deste proxecto. Desde aquela, o Hidria traballa desenvolvendo obradoiros sobre o medio mariño e facendo viaxes turísticas pola costa galega. A idea que tiñamos nun comezo era organizar exposicións itinerantes, cruceiros de curta duración, paseos ou actividades culturais, cousas que xa fomos facendo, explica Sesé Otero.
O futuro
Os posibles empregos do barco non está nin moito menos fechados. Aínda estamos a buscar cal é a actividade que demanda a xente. A un barco como este tes que lle dar un emprego rendible para poder mantelo, lembra Otero. Entre os proxectos inmediatos está organizar excusións de submarinismo que inclúan durmir a bordo e permitan ter unha actividade continua durante todo o ano. Xa fixemos algún pequeno campamento con escolares que quedaron a durmir. Queremos que sexa coma unha casa rural pero no mar, con estufas, unha pequena biblioteca, espazos para proxeccións audiovisuais ou comidas, completa.
Esperanzas nos peiraos
Poida que estes proxectos sexan só un comezo na recuperación de buques de grande tamaño. Como lembra Fernández desde Acquavisión, Estamos recuperando moito patrimonio en canto a embarcacións máis pequenas, como dornas e gamelas, pero no campo dos paquebotes e vapores estase comezando, e debería prestárselles máis atención. É un traballo que require moita axuda, asegura. Do mesmo xeito, Otero pensa que agora hai máis sentimento por estas cousas, e agardamos que isto sirva para que os que empezan agora o teñan máis sinxelo. O problema é que non queda nada para amañar. Tamén desde Vapores del Atlántico reclaman axudas para estes proxectos. Eu estou encantada de que a miña sexa unha embarcación emblemática galega, pero aínda que sexa cultural e patrimonio non tes ningunha vantaxe fronte a outras empresas. Eu agora non vou vender o barco, o que quero é que nos manden traballar e que dure o máximo posible, insiste. Mentes, quizais nalgún casco cheo de ferruxe nun peirao estea un anaco do noso patrimonio aínda a aboiar. O mesmo é cousa de revisar ben, e se embarcar nunha aventura como as destas empresas.