Dous obradoiros galegos reciben o recoñecemento dos Premios Nacionais de Artesanía

A Fundación Artesanía de Galicia tamén obtivo un destes galardóns estatais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Salón de Actos do Ministerio de Industria, en Madrid, acollía na mañá deste 15 de decembro o acto de entrega dos Premios Nacionais de Artesanía 2023. A edición conseguiu unha presenza galega inédita destes galardóns, con representación do noso país en tres das cinco categorías convocadas.

De xeito máis concreto, o cesteiro Álvaro M. Leiro, de Pazos de Borbén, foi recoñecido co Premio Nacional de Artesanía. Ao tempo, o obradoiro de tecido Inés Rir&Co, de Allariz, obtivo o galardón na categoría de Produto. Pola súa banda, a cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica, quedou como finalista no Premio Emprendemento.

A estes recoñecementos súmase o que obtivo a Fundación Pública Artesanía de Galicia, que conseguiu o premio na categoría Promociona para Entidades Públicas polo encontro Corazón da Artesanía, que se celebra en Agolada.

Coa victoria de Leiro, que se suma ao Obradoiro de Gaitas Seivane e a Elena Ferro, hai xa tres profesionais da artesanía galega que se fan con este Premio Nacional.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Madrid, Leiro, Allariz