Galicia lidera as candidaturas aos Premios Nacionais de Artesanía

Tres propostas do país están entre as quince finalistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Galicia lidera as candidaturas aos Premios Nacionais de Artesanía

Os Premios Nacionais de Artesanía, principais galardóns deste ámbito que se entregan a nivel estatal, contan nesta edición cunha importante presenza galega. De feito, o noso país lidera, con tres dos quince finalistas, a lista de comunidades con máis opcións. En concreto, os proxectos que representan o noso país no certame son as lámpadas de K-LO Taller de Ecodiseño, na categoría de Emprendimiento, mentres a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense opta ao premio Promociona Entidades Públicas polo proxecto Rutas da Artesanía. Finalmente, a Ecola de Formación do Atlántico pode levar o premio Promociona Entidades Privadas. Os galardóns están convocados polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo a través da Escuela de Organización Industrial (EOI) e da súa cátedra Fundesarte, e o fallo darase a coñecer mañá, 31 de marzo. Os finalistas seleccionáronse entre 82 propostas chegadas de todo o Estado.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Atlántico

Claves

Conceptos
Lugares