Festivais como o Resurrection, SonRías Baixas o PortAmérica compiten nos Premios Fest

Está aberto o prazo de votación popular para estes galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Festivais como o Resurrection, SonRías Baixas o PortAmérica compiten nos Premios Fest

A quinta edición dos Premios Fest, que recoñecen a nivel estatal o labor dos festivais de música, conta cunha importante participación galega nas súas 22 categorías. De entre as 150 entidades inscritas no certame, algúns dos principais eventos deste tipo do noso país acumulan candidaturas. Deste xeito, o SonRías Baixas de Bueu preséntase a 12 galardóns, mentres o Resurrection Fest opta a 11 premios e PortAmérica está presente en 9. Abre agora o prazo de votacións do público para os galardóns, co que se seleccionarán os finalistas entre os que un xurado escollerá os gañadores. As votacións populares están abertas ata o vindeiro 8 de outubro.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portamérica, SonRías Baixas de Bueu, Resurrection Fest