
Canda a estes, fan parte da listaxe citas como o Sinsal SON Estrella Galicia, que opta a oito galardóns, o Pasatempo, o Revenidas ou o FIV de Vilalba con opcións a sete premios, ou o RÃo Verbena, a competir en seis ámbitos. A estes hai que sumar os galardóns á mellor fotografÃa, no que compiten once imaxes dos diferentes eventos galegos.
En total, o público pode votar en doce categorÃas que contan con representación galega. Destaca neste sentido a presenza na categorÃa de eventos de grande tamaño, onde optan ao galardón O Son do Camiño e mais o PortAmérica. Nos eventos medianos compiten o FIV de Vilalba, o Revenidas, o RÃo Verbena Fest e mais o SonRÃas Baixas, mentres nas propostas de pequeno formato, o noso paÃs está representado polo 17º Ribeira Sacra, o ciclo AcustiquÃsimos, o Festival do Pasatempo, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia, o Noites do Porto e o Underfest Xacobeo. Nos festivais de interior, á súa vez, compiten AcustiquÃsimos e Underfest.
É de sinalar tamén a candidatura do Festival dos Eidos a Mellor festival non musical e mais do Asalto ao Castelo de Vimianzo e da Festa do Marisco de O Grove que compiten na categorÃa de mellor festividade.
En canto a artistas do paÃs, é posible votar as actuacións de Rebeliom do Inframundo no Revenidas e de Tanxugueiras no SonRÃas Baixas como as mellores do ano no ámbito ibérico. Tamén compite, no ámbito da electrónica, Galician Army polas súas propostas no PortAmérica e no RÃo Verbena.