Este 14 de decembro inaugurábase de xeito oficial o Museo da Automoción e a Historia (MAHI). Arteixo acolle este proxecto promovido pola Fundación Jorge Jove que ten o obxectivo de "mostrar a automoción e a historia en xeral e máis particularmente a do século XX a través dos seus grandes fitos históricos, culturais, económicos, tecnolóxicos e sociais". O centro abre as súas portas ao público o sábado 16 cunha exposición permanente composta por 300 vehÃculos, o máis antigo deles datado en 1886, canda a centos de pezas e milleiros de documentos vencellados a áreas como a música, o cinema, a fotografÃa ou a arte do último século.
Segundo sinala a fundación, o novo museo pretende ser un "proxecto cultural de marcado carácter pedagóxico que se articula ao redor de múltiples compoñentes de carácter expositivo, cultural, artÃstico, formativo, social e educativo".
Con trece salas de exposición permanente, o centro atende a cuestións como o desenvolvemento da automoción en España e a relación desta disciplina con ámbitos como o campo, a literatura, a música, o deporte, o cinema ou a arte. Todos os obxectos expostos contan con códigos QR para ampliar información sobre os mesmos.
Canda a isto, o MAHI anuncia o desenvolvemento de obradoiros de mecánica e de madeira e a posta en marcha dunha biblioteca con espazo para investigación e para público xeral. O horario de apertura será de mércores a domingo entre as 10 e as 19 horas durante o inverno e entre as 10 e as 20 horas no verán. As entradas poden reservase no web do Museo a un prezo de 10 euros.