Constitúese a fundación Jorge Jove para crear un museo dedicado á automoción

É o primeiro paso para a creación dun centro que terá apartado expositivo e de investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ángel Jove ten unha ampla colección de vehículos antigos, moitos deles auténticas rarezas como un triciclo de Mercedes Benz de 1885. A primeira vez que se puideron ver en público foi nunha exposición na illa da Toxa e xa alí comezou a se falar da idea de crear un museo que levara o nome do seu fillo Jorge. Aquela idea acaba de dar o primeiro paso este mes, cando se constituiu a fundación que será o xermolo do futuro museo. O centro pretende ter un apartado expositivo de pezas exclusivas do mundo da automoción e, ademais, desenvolver actividades relacionadas co sector coma formación de profesionais e liñas de investigación.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves