A Coruña contará cun Museo da Automoción e da Historia

O proxecto xorde da colaboración entre Concello e Fundación Jorge Jove

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Arredor de 350 coches de carácter histórico serán o eixe do futuro Museo da Automoción e da Historia que se construirá en Bens, A Coruña. O alcalde da cidade, Javier Losada, anunciaba onte a sinatura do convenio coa Fundación Jorge Jove que posibilitará este proxecto. O futuro centro contará con dúas parcelas que cobren 107.900 metros cadrados. Ademais de expor a colección de vehículos da Fundación, o proxecto prevé mostras sobre como evoluiu a automoción, un pequeno circuíto para vehículos todoterreo, unha escola d econducción e outros espazos anexos.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña

Claves

Lugares