Falece José María Arias, presidente da Fundación Barrié

No seu mandato completouse a restauración do Pórtico da Gloria

12/12/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadeNecrolóxicas
36 lecturas | Compartido 0 veces

José María Arias. Foto: Fundación Barrié

O presidente da Fundación Barrié, José María Arias, finou onte ao Madrid, con 70 anos de idade. Arias presidía a Fundación Barrié desde 2009 e previamente fora presidente do Banco Pastor ata 2017, xestionando a súa venta ata a súa absorción polo Banco Santander. No seu mandato nunha das principais fundacións culturais de Galicia, Arias completou a restauración do pórtico da Gloria da catedral de Santiago ou se modernizaron os plans de bolsas da fundación, un dos principais activos da entidade. O directivo tamén estivera implicado en diversas institucións do ámbito cívico, coma o plenario do Consello da Cultura Galega, a presidencia do Consello Social da Universidade de Santiago entre 2014 e 2018 ou padroeiro de honra de institucións coma o Museo de Pontevedra.

Universo culturagalega.gal