O Museo Provincial de Lugo renova a súa colección de moedas

Procuran "enxalzar o sestercio da caetra" recentemente adquirido

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Esquema da nova museografía da área de Numismática do Museo Provincial de Lugo. Fonte: Deputación de Lugo

Esquema da nova museografía da área de Numismática do Museo Provincial de Lugo. Fonte: Deputación de Lugo

O Museo Provincial de Lugo dispón dunha das coleccións numismáticas máis importantes de Galicia e recentemente medrou coa adquisición a un coleccionista particular dun exemplar singular da moeda da caetra, a emblemática acuñación do exército romano producida durante a conquista do noroeste peninsular e que foi declarada BIC en 2022. Co obxectivo de "enxalzar o sestercio da caetra" a Deputación vai renovar a sección de numismática e medallística do museo nun entorno museográfico "dinámico, didáctico e contextualizador". A nova museografía destacará as moedas con "imaxes e elementos gráficos que incidan na relevancia das moedas desde o punto de vista histórico", incrementando a superficie expositiva, a iluminación e pantallas para proxectar imaxes en 3D das moedas. Os traballos iniciaranse a principios de ano.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moedas, Museo Provincial de Lugo, Ben de Interese Cultural

Claves

Lugares