O Museo Provincial de Lugo posúe unha extensa colección numismática, con máis de 10.000 moedas e medallas. Agora, a exposición "De monetaria galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días", aberta nesta entidade luguesa, permite coñecer algunhas das xoias do patrimonio numismático galego. A exposición, comisariada por Pablo Núñez Meneses, Antonio Roma e Aurelia Balseiro, amosa singulares pezas como "o maior conxunto de moedas xermánica do Noroeste peninsular ou un billete único de Santiago de Compostela". Pero a peza estrela da mostra é un singular sestercio da caetra do que só se coñecen outros dous exemplares no mundo. O sestercio da caetra é unha das series da chamada 'moeda da caetra', que é a primeira acuñación de moeda do noroeste peninsular en época do emperador Augusto, pero a súa excepcionalidade fixo que esta moeda en concreto fora declarada BIC o pasado mes de setembro pola Xunta de Galicia. A exposición estará aberta ata o 30 de xuño de 2023.
A historia dun país a través das moedas
A exposición "De monetaria galega" pódese visitar ata o 30 de xuño
33 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades
Conceptos
Lugares



