Non é moi frecuente que se declara Ben de Interes Cultural un exemplar dunha moeda, aÃnda que sexa de época romana. Pero é que o "sestercio de Augusto" que foi declarado asà a semana pasada é un exemplar case único dunha das moedas máis singulares das acuñacións romanas en Hispania. A serie á que pertence a moeda, que pertence a unha colección particular de Galicia, só ten dous paralelos: unha moeda exhumada en Braga durante unha excavación arqueolóxica e outra, vendida nunha poxa, actualmente en paradoiro descoñecido. E esa serie, canda outras repite o mesmo motivo: por unha banda aparece o Emperador Augusto, xunto cunha palma e un caduceo (o signo do deus Mercurio) e pola outra aparece sempre unha caetra (o escudo dos pobos prerromanos do Noroeste), acompañada a veces dunha panoplia de armas. O que singularica a esta moeda agora declarada BIC son os motivos circulares que rodean a caetra do reverso da moeda. Estas acuñacións están tradicionalmente asociadas polos historiadores á conquista do noroeste peninsular, como elaboradas polo exército en pagamento das lexións durante as campañas de conquista, e vinculadas a un momento do cambio de era.